top of page

Búsqueda de emprego

Individualizadas ou obradoiros.

1  30 min

Descripción del servicio

En sesións individualizados ou en obradoiros, ensinaremos ferramentas que faciliten a búsqueda activa de emprego e orientación en dito proceso, dunha maneira planificada, tarefas a corto e/ou medio prazo. Os contidos están estruturados principalmente para a adquisición de habilidades neste campo: como elaborar un Currículum Vitae, unha carta de presentación, que facer para ter éxito nunha entrevista, dinámicas de grupo, recursos on-line, etc. Buscar traballo é un traballo en sí mesmo. Hai que buscar a fondo, ofertarse a compañías...O autocoñecemento é fundamental en todo este proceso, saber que se pode ofrecer e que se ten diferente para cada empresa. Non esquezamos que, aínda que a maior parte das empresas seguen colgando as súas ofertas de traballo na súa web, cada vez buscan máis estratexias de recrutamento, buscan candidatos a través de distintos perfiles de redes sociais ou incluso organizan concursos para seleccionar ós/ás mellores. Trataremos de converterte no candidato ideal para cada empresa cunha metodoloxía práctica e dar as ferramentas necesarias para traballar en diferentes aspectos. Detalles do programa: - AUTOCOÑECEMENTO E FIXACIÓN DE OBXECTIVOS. Consellos e técnicas para establecer obxectivos, marcarse un camiño laboral e acabar no destino desexado. Autodiagnóstico persoal e elaboración dun plan de búsqueda - FERRAMENTAS PARA A BÚSQUEDA DE EMPREGO Consellos para elaborar un CV. Estratexias para facer un CV que te diferencie dos/das demáis. O Vídeo-Currículum. As redes sociais e os recursos de Internet. A Carta de presentación. TÉCNICAS DE SELECCIÓN, AS CONVERSACIÓNS CAS EMPRESAS Técnicas e consellos básicos para as dinámicas de grupo e as entrevistas de selección. Comunicación verbal e non verbal das dinámicas de grupo e das entrevistas. ITINERARIOS PERSONALIZADOS Tratamos de crear un perfil persoal e activar a búsqueda de emprego para que aumenten as posibilidades de entrar no mercado laboral. Prezo: A consultar (dependendo do número de sesións). Horario: A consultar.


Datos de contacto

663585202

a.lopezagra@gmail.com


bottom of page