top of page

Escola de avós e avoas

1  30 min

Descripción del servicio

Os avós e avoas son a principal fonte de apoio para a conciliación da vida familiar e laboral. Ademais, son o principal soporte de apoio social cando os proxenitores non poden facerse cargo das súas crianzas. En moitas ocasións, esta función constitúe un factor estresante, que engadido o lapso xeracional e as condicións asociadas á idade, poden afectar na calidade de vida tanto das persoas maiores como dos nenos e nenas. Con esta actividade pretendemos dotar de pautas e ferramentas ás persoas que teñan interese en coñecer diferentes aspectos da vida actual dos seus netos e netas, como poden ser as novas tecnoloxías, redes sociais, ocio e tempo libre, etc. A idea é reforzar a figura do avó / avoa educador/a na sociedade actual, aprendendo a afrontar ás conductas e actitudes das novas xeracións. Levaranse a cabo distintas actividades dinámicas e técnicas grupais que favorecen a participación ó diálogo, como falar de casos concretos e temas de actualidade, co fin de reflexionar xuntos sobre as mellores pautas educativas sanas para que os/as nosos/as netos/as reciban a mellor educación posible. ¿QUE TEMAS SE TRATAN? - Necesidades psicolóxicas da infancia e da adolescencia. - Comunicación cá familia. - Prevención do maltrato infantil dende casa. - Prevención de conductas adictivas. - Premios e regalos. - Desenvolvemento de valores. - Ocio e tempo libre. - Novas tecnoloxías. - Redes sociais. - Rendemento escolar. - Sexualidade. - Límites e normas. HORARIO: A consultar (en función das sesións). PREZO: A consultar (en función das sesións).


Datos de contacto

663585202

a.lopezagra@gmail.com


bottom of page