top of page

Manexo de móbil

Curso de manexo básico de dispositivo móbil

1  30 min

Descripción del servicio

Ensino individual ou grupal. Duración: 1h 30 min por sesión. Duración total: A petición da persoa / grupo. Prezo: A consultar. ¿QUE SE IMPARTE? - Cómo é o teléfono: Botóns exteriores, Botóns frontais, Menú e iconos, O teclado, O menú superior, O medo a facer algo irreparable. - Chamadas: Facer unha chamada, Como usar o teclado durante a chamada, funcións durante a chamada, responder chamadas... - Contactos: Engadir contactos a lista, como gardar a alguén na lista de contactos que nos chamou, como buscar a alguén na lista, como modificar ou borrar un contacto, pasar contactos da tarxeta ó teléfono e viceversa... - Cámara: Sacar fotos e vídeos, como envialos, activar e desactivar flash, gardar fotos na galería e recuperalas... - Calendario, reloxo, alarma, linterna, notas e outras funcións. - Play Store: Descargar aplicacións e programas, instalar programas, eliminar aplicacións. - Configuración básica do teléfono: Subir ou baixar o brillo da nosa pantalla, duración de iluminación da pantalla, cambiar son, subir e baixar volume, desactivar notificacións, duración do tono de chamada,etc. - Whatsapp: Estructura do programa, contactos no Whatsapp, ver perfil dun contacto, mandar unha mensaxe, enviar notas de voz, enviar fotografías e vídeos, facer chamadas e videochamadas, borrar conversacións, crear e saír de grupos, modificar o perfil, configuración básica. - Galería de fotos. Visualizar fotos ou vídeos do noso teléfono, como borrar fotos e vídeos (de un en un ou varios á vez), como enviar por Whatsapp unha foto ou vídeo dende a galería, etc. - Correo electrónico (email): Diferencia entre os iconos de gmail e correo electrónico, configurar o correo, como ler un email, como mandar un email, responder emails, borrar emails, etc. - Redes sociais e Internet: Crear perfiles en redes sociais (Facebook, Instagram...), cómo entrar en Internet, diferencia entre Google e outras páxinas web, añadir webs a favoritos, buscar información en Internet, etc. -Outras funcións: Pedir unha cita médica, uso do GPS, mapas, xogos, etc.


Datos de contacto

663585202

a.lopezagra@gmail.com


bottom of page