
ADRIÁN LÓPEZ SERVIZOS EDUCATIVOS
Educador Social, Especialización en Investigación Educativa, Identidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario.
Técnico de Xestión Cultural
Técnico de Prevención de Conductas Adictivas
C.S Administración de Sistemas Informáticos
A confianza en si mesmo é a chave do éxito
Obradoiros de Educación Patrimonial
Patrimonio cultural, natural, material e inmaterial
Descripción del servicio
A educación patrimonial ten como o seu fin último a conservación e interpretación do patrimonio visto como un medio para reforzar a identidade e a pertenza ligada a un lugar ou comunidade. Galicia dispón dunha enorme herdanza cultural que debe ser coñecida, respetada, valorada, disfrutada e transmitida, para que así non se perda e poñela en valor. Polo tanto, nestes obradoiros traballaranse distintas temáticas dentro do patrimonio cultural, natural, material e inmaterial de Galicia. Concienciar á infancia e xuventude da importancia de conservar o legado dos nosos antepasados permite crear na xuventude un sentimento de pertenza o noso territorio, coñecendo o próximo e a historia local. As sociedades rurais tradicionais como é a zona da Costa da Morte, son portadoras dun gran patrimonio de carácter oral e inmaterial na que boa parte destas expresións atópanse nunha situación de vulnerabilidade. Esta riqueza cultural e endóxena atesourada neste territorio, como comentamos anteriormente, corre perigo de desaparición debido a múltiples factores, pero debemos facer fincapé, por exemplo, nos procesos de globalización cultural que se están a producir de forma cada vez máis intensa e extensa, que afecta directamente ó rural, con fenómenos como a expansión industrial ou mercantil que lles está a comer terreo ás formas de vida de aldea. Moitos trebellos son substituídos por modernas máquinas iniciándose así a desaparición paulatina de moitos oficios e actividades e polo tanto de moitos saberes, artes e costumes tradicionais, homoxeneizando pautas de vida, relacións sociais, coñecementos e mentalidades a costa de formas de vida tradicionais locais. TEMÁTICAS: ▪ Literatura oral, música e danzas: As regueifas (cantares de desafío improvisados), lendas, contos, cantigas, romances, refráns, adiviñas, etc... ▪ Formas de cultura vinculadas ó medio ecolóxico mariño: embarcacións típicas (dorna, gamela, carocho) aproveitamento do argazo, redes, técnicas de pesca... ▪ Unha cultura agraria e gandeira propia: coñecementos tradicionais sobre plantas e animais, formas de aproveitamento, saberes artesanais (liño, la...), ferramentas... ▪ Habilidades, saberes e oficios: vestimenta tradicional, batáns, muiñeiros/as, cesteiros/as, palilleiras, artes culinarias... ▪ Simboloxía: xestos, símbolos, rituais... ▪ Universo festivo: muiñadas, seráns, torreiros, festas relixiosas, xuntanzas, romarías, patronos, ciclos anuais, entroido, magosto, vellas danzas, muiñeiras, cancións... ▪ Etc.
Datos de contacto
663585202
a.lopezagra@gmail.com
