top of page
Faga a súa consulta:
Compromiso e Fiabilidade

Adrián López Servizos Educativos está englobada na educación non formal. Pretende dar resposta ás necesidades da poboación en diferentes ámbitos (social, educativo, laboral e ocupacional) con total fiabilidade e compromiso por parte dos nosos profesionais.

Damos resposta á necesidade real de moita xente a ter alguén que ensine de forma sinxela e práctica diversas actividades, centrándonos no ámbito tecnolóxico para estar ó día nun mundo globalizado e na dinamización comunitaria.

Así nace este proxecto que pretende ser referente en Galicia e darlle as ferramentas necesarias á poboación xeral (e de forma específica no rural), para que camiñe parella ó ritmo de vida actual e ósseus avances.

Individualizado, plans adaptados a cada persoa

Metodoloxía adaptada ó ritmo de cada persoa. Dependendo das necesidades particulares, pódese organizar as clases a medida, aprendendo dunha forma rápida e económica con posibilidade de desplazarse a cada domicilio.

Diferentes persoas necesitan diferentes maneiras de aprender

A nosa sociedade atópase nun constante proceso de transformación. A educación ó longo da vida convértese nun piar fundamental da nosa sociedade e na cal participan todo tipo de persoas, polo que dende Adrián López Servizos Educativos vemos a necesidade de adaptar os nosos cursos e actividades ás distintas persoas cás que traballamos, ofrecendo actividades para distintas franxas de idades e adaptándose ás características da persoa ou grupo.

O noso piar é a Educación Permamente e o aprendizaxe ó longo da vida. A través desta aprendizaxe proporcionamos as persoas respostas para os novos retos tecnolóxicos, culturais, económicos e sociais co fin de afrontar as esixencias actuais.

Metodoloxía "Aula invertida"

Traballamos co modelo pedagóxico que invirte os métodos tradicionais de ensinanza: os materiais e leccións trabállanse na casa para optimizar o tempo de formación conxunta para atender as necesidades especiais de cada alumno/a.

Noticias
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19
 

Marzo, 23, 2020

 

Prazos Administrativos suspendidos ata novo aviso

Marzo, 23. 2020

Comezo curso "Prevención conductas adictivas" para a Asociación Vieiro

Xaneiro, 17. 2020

Comezo dos cursos "Manexo de móbil" no Concello de Zas

Xaneiro, 07. 2020

Área de traballo: 

Provincia de A Coruña (presencial)

España (on-line)

bottom of page